- Realizar urxentemente todos os trámites necesarios para a aprobación definitiva dun PXOM ao servizo dos veciños e como ferramenta dinamizadora, de cohesión e de desenvolvemento.
- Apostar pola ampliación e potenciación do polígono industrial.
- Implementar plans de desenvolvemento económico específicos aproveitando a excelente situación xeográfica do noso concello e a rede de infraestruturas que nos atravesa, creando nexos de conexión entre as mesmas e, por suposto, ligados ao polígono industrial.
- Reforzar os servizos sociais como apoio ás familias (especialmente aquelas con persoas dependentes ao seu cargo). Ampliar todas as prestacións ligadas ao centro de día, así como a creación dun servizo de gardería.
- Apoiar dende o concello de cara ao sector primario poñendo á súa disposición os locais (antiga cámara agraria do Corgo...) e servizos que precisen, sendo o primeiro en posicionarse na defensa dos seus intereses. Manter e potenciar a feira de Adai como referente do sector, diversificando as súas ofertas.
- Achegar internet de banda larga a todas as parroquias.
- Deseñar programas específicos para as parroquias, impulsando a súa dinamización e participación nos temas que lles afecten dende a xestión municipal e promovendo un asociacionismo veciñal no que se sintan representados.
- Realizar dende o concello programas de diversificación e participacipación de distintas actividades lúdico-deportivas ao longo de todo o ano con especial atención á xuventude, promovendo para tal fin, o acondicionamento dos espazos públicos existentes arredor do centro escolar.
- Aproveitar os valores naturais de todo o concello e especialmente dos nosos ríos coa creación de novos espazos de lecer e esparcemento ligadas aos mesmos. (creación dunha nova “praia fluvial” no lugar da Ponte de Neira).
- Poñer en valor os nosos recursos paixasísticos, medioambientais e de patrimonio-etnográfico, tanto para a súa conservación e recuperación como para o coñecemento do noso territorio e que sexan ao mesmo tempo xeradores de riqueza.
- Deseñar programas culturais que dean cabida ás distintas inquedanzas que moitos veciños amosan ao respecto, apoiando ao mesmo tempo as iniciativas individuais que xurdan (artesáns, recuperación etnográfica…).
- Controlar dun xeito riguroso todos os investimentos e recursos do noso concello realizando unha redistribución de responsabilidades por áreas no equipo de goberno (obras, benestar social, deporte e xuventude, etc...).
- En definitiva, realizar unha xestión eficiente e moderna do noso concello poñendo a nosa capacidade de traballo como fianza diante de todos os veciños do concello.
20 may 2011
LIÑAS PROGRAMÁTICAS PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario