O 5 de abril o BNG
apoiou a concentración diante da Xunta de Galiza para reclamar que se manteña a
ESO e Bacharelato no IES das Mercedes para non desprazar ao alumnado do Corgo a
outros centros
O BNG rexistrou
o 3 de abril unha solicitude no propio Concello para que se trate de lograr a mellor solución á
problemática que isto xerou para as familias do Corgo
O grupo
municipal do BNG no Corgo cre que o goberno municipal debe intervir ante unha
situación que afecta ao alumnado do Corgo xa que se verán desprazados das
Mercedes a outros institutos que están por concretar
Lugo, 5 de abril de 2013. O BNG do Corgo participou esta mañá na concentración que tivo lugar diante da delegación da Xunta de Galiza en Lugo para reivindicar á Consellaría de Educación que non siga adiante co proceso de conversión do IES As Mercedes en Centro Integral de Formación Profesional (CIFP), o que na práctica supón o desprazamento para outros institutos de arredor de 200 alumnos e alumnas, entre eles 70 do Corgo, e 28 profesores de ESO e Bacharelato, tralo malestar e preocupación que está xerar esta problemática entre os pais e nais do alumnado. Ademais do concelleiro nacionalista do Corgo, Xosé Henrique Casanova, tamén participaron na concentración o deputado lucense do BNG no Parlamento Galego, Cosme Pombo, e os concelleiros nacionalistas en Lugo, Antón Bao e Paz Abraira.
O BNG esta mesma semana rexistrou no Concello unha solicitude dunha
convocatoria de pleno para abordar, con urxencia e entre outros temas, o
proceso de conversión do IES As Mercedes en Centro Integral de Formación
Profesional (CIFP), o que na práctica supón o desprazamento para outros
institutos de arredor de 200 alumnos e alumnas e 28 profesores de ESO e
Bacharelato, tralo malestar e preocupación que está xerar esta problemática
entre os pais e nais do alumnado.
Tal e como expuxo o portavoz do BNG no Corgo, Mario Outeiro, “esta conversión afecta a arredor de 70
alumnos e alumnas do Corgo, que actualmente cursan os seus estudos de ESO e
Bacharelato no IES As Mercedes e contan con servizo de autobús e comedor,
veranse desprazados cara outros institutos sen que a Consellaría de Educación
teña informado de cales van ser. Non entendemos esta maneira de actuar da
Consellaría e compartimos o malestar xerado tanto na dirección do centro coma
entre os docentes e no alumnado e as súas familias xa que esta decisión non foi
nin anunciada nun momento oportuno (case cara finais de curso) nin se tivo en
conta para nada a todo o conxunto da comunidade educativa que vai verse
afectada, tanto docentes como alumnado. Ademais, a Consellaría de Educación non
deu explicacións concretas sobre cal será o destino tanto do profesorado coma
do alumnado que está a cursar as ensinanzas que se suprimen e cara que centros
da cidade se van a redirixir”.
Para Mario Outeiro, “é un tema
fundamental que se debe abordar no vindeiro pleno xa que afecta a moitas
familias do noso Concello e as forzas políticas estamos para defender aos nosos
veciños e veciñas, polo que desde o BNG cremos imprescindíbel que esta
problemática se debata no vindeiro pleno”.
O portavoz do BNG concluíu que “esiximos
unha implicación na procura dunha solución para o alumnado do Corgo que realiza
os seus estudos obrigatorios e Bacharelato no IES As Mercedes, porque debemos
escoitar as demandas das familias afectadas e actuar defendendo os intereses do
noso pobo. O grupo político que represento así o fará porque consideramos que
esta situación vén motivada pola falta de interese e desprezo que o PP ten cara
o ensino público, sendo capaz de xerar todo este malestar sen consultalo nin
sequera antes coa comunidade educativa”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario