O venres, día 4 de febreiro do 2011, publicábase no Boletín Oficial do Estado o convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación e a Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de prazas públicas de primeiro ciclo de educación infantil no marco do chamado “PLAN EDUCA 3. 2010”.
Este é un plan que arrinca no 2008, no que o Estado, a través do Ministerio de Educación, colabora coa Xunta de Galicia (aportando 5.276.696 euros para este período), para a creación de prazas do primeiro ciclo de educación infantil (de 0 a 3 anos) no que se establecen políticas de cooperación entre as distintas administracións, incluídos os concellos, para asegurar a oferta educativa neste ciclo; respondendo, ademais, a necesidade de conciliar a vida familiar e laboral das nais e pais, independentemente do seu lugar de residencia, coa atención e coidado dos seus fillos.
Neste convenio aparecía, entre outros, o concello do Corgo, para creación dunha escola infantil cunha oferta de 20 prazas figurando como administración titular a Xunta de Galicia.
Dado que hai máis de dous anos que se asinou e publicou oficialmente este convenio, preocúpanos que nos orzamentos da Xunta de Galiza para o 2013, non só non apareza ningunha contía para este fin, senón que o Partido Popular rexeitara unha emenda aos orzamentos presentada polo deputado do BNG por Lugo, Cosme Eladio Pombo para a construción da devandita Escola Infantil.
Por todo isto, o grupo municipal do BNG do Corgo presentou o seguinte ROGO
1. Que o Concello do Corgo, e nomeadamente o seu alcalde, fagan os trámites oportunos ante a Xunta de Galicia co fin de que O Corgo poida contar a curto prazo cunha Escola Infantil de 0 a 3 anos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario