O deterioro da
calidade das augas provenientes dos pozos particulares por diversas vías de
contaminación xunto con períodos de seca cada vez maiores fan das traídas de
auga municipais un dos servizos máis importantes e demandados que poden ofrecer
as entidades locais.
A zona do
concello do Corgo que se distribúe a carón da estrada Nacional VI conta dende
hai anos con este demandado servizo. Porén, hai innumerábeis zonas do noso
concello sen subministro público de auga potábel que ven agravado o seu
problema, nos meses de agosto e setembro, coa seca dos seus pozos particulares.
Por todo isto, o grupo municipal do BNG do
Corgo presentou a seguinte PREGUNTA
1. Ten previsto o
concello do Corgo aumentar a rede de subministro de auga potábel?
2. Se así é, en
que lugares se vai a proceder a realizar a ampliación?
No hay comentarios:
Publicar un comentario