O uso indebido das estradas de
titularidade municipal e o nulo control por parte do concello fan que con
cartos públicos, é dicir, de todas as veciñas e os veciños do Corgo, se teñan
que pagar arranxos innecesarios para manter nun estado óptimo de conservación a
rede de estradas propiedade do concello do Corgo.
Isto acontece dun xeito habitual durante a
extracción de madeira nos nosos montes, xa que a maiores de meter vehículos de
gran tonelaxe, almacénase madeira en lugares inapropiados, durante grandes
espazos de tempo, sen acondicionar posteriormente o terreo.
Por todo isto, o grupo municipal do BNG do
Corgo presentou o seguinte ROGO
1. Que se vixíe o
mal uso de estradas municipais co fin de garantir unha conservación óptima da
rede de estradas de titularidade do concello do Corgo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario