Segundo o CIS, a clase política sitúase,
como problema, na cota máis alta da democracia. Os continuos casos de
corrupción e a xudicialización da política son factores que levan á cidadanía a
afastarse dos seus representantes electos. É pois o momento de que as
institucións públicas fagan un exercicio claro de transparencia e de
proximidade ao pobo.
Na actualidade as tecnoloxías da
información e da comunicación ofrécennos ferramentas que a un moi baixo prezo
permiten unha ampla difusión de información, como as páxinas web. Deste xeito,
xa hai moitas institucións na nosa provincia que empregan a devandita
ferramenta para facer público o contido dos plenos, véxanse a Deputación
Provincial de Lugo ou concellos, moi semellantes ao noso en poboación, como o
de Outeiro de Rei (institucións locais gobernadas polos tres partidos
maioritarios).
O Concello do Corgo celebra os plenos
ordinarios os xoves a media mañá. Esta circunstancia tampouco axuda a que
veciños poidan achegarse ás sesións plenarias como espectadores. Porén, dende
hai anos o concello dispón de sitio web en internet, http://www.concellodocorgo.net.
Por todo isto, o grupo municipal do BNG do
Corgo presentou o seguinte ROGO
1. Que se faga público
o contido dos plenos do concello do Corgo na súa páxina web, tanto en vídeo,
como colgando convocatorias e as actas aprobadas de plenos anteriores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario